COMO SE VE
Méndez defínese a si mesmo coma unha persoa resolutiva pero á que lle antecede, en moitas ocasións, un rasgo tremendista. Situarse no peor previamente, axúdalle a alcanzar o mellor posteriormente.
COMO O VEN
A súa marcada vocación artística, fai que os seus compañeiros o vexan en ocasións como alguén bohemio, un pouco desordenado, e en ocasións sitúano en "outra dimensión". Sen embargo, non deixan de consideralo alguén especial e único, sumamente creativo e con ilimitados recursos para resolver as máis "pintorescas" complicacións. |