COMO SE VE
A cabeza pensante de Escenoset defínese a si mesmo con tres sinxelas palabras: traballo, traballo, traballo. Os éxitos non son froito do azar, senon da constancia o do traballo. O dinamismo inherente a Escenoset, toma forma na figura de Chicho, que coa súa inquietude permanente é capaz de afrontar novos retos de maneira constante.
COMO O VEN
A cabeza pensante de Escenoset en ocasións pensa demasiado, é por iso que os seus compañeiros o ven en moitas ocasións coma un "culo inquieto", ás veces desorganizado, pero sempre creativo. Un "superman" do traballo, que se bota ao lombo o que faga falta para levar a bo porto calquera traballo que acometa. |