ELES SON
Quique e Rafa.
COMO SE VEN
Dende o equipo de carpintería, aparte da súa máis que contrastada profesionalidade, destacan o compañeirismo existente (ao final, un rasgo común na empresa). Responsables e traballadores, cumplen os prazos asignados de forma rigurosa.
COMO OS VEN
É moi difícil sacarlle un defecto á carpintería: traballadores todoterreno, responsables, infatigables, e aínda así, por riba, sempre de bo humor. Probablemente, se houbese unha pequena capilla na empresa xa estarían canonizados, posto que os seus compañeiros din que en ocasións "fan auténticos milagres". |