PLANTEAMENTO
O stand de Castro Brey surxe da necesidade de promocionar os novos licores e augardentes da bodega, a partir dunha estricta coherencia co nome do produto, e das múltiples posibilidades creativas que isto comporta.
PROPOSTA
A concepción dun stand xirado propón un pequeno guiño en clave de humor as características espiritosas do propio produto, xogando ao mesmo tempo con elementos que nno son o que parecen (por exemplo, a lámpara transfórmase nunha mesa auxiliar).
RESOLUCIÓN
A formalidade do deseño clásico do mobiliario contrasta coa vangarda da imaxe gráfica do produto, que utiliza o stand como un gran lienzo branco sobre o que promocionarse.
|